Susana Martínez-Conde é unha científica neuronal nada na Coruña o 1 de octubre de 1969. É Catedrática de Oftalmoloxía, Neuroloxía, Fisioloxía e Farmacoloxía; e Directora do Laboratorio de Neurociencia Integrada, na Universidade do Estado de Nova York (SUNY). Doutorouse na USC para a continuación trasladarse aos EEUU a traballar xunto ao Premio Nobel David Hubel, na Universidade de Harvard. Actualmente é profesora na Universidade Estatal de Nova York, no Centro Médico SUNY Downstate, onde dirixe o Laboratorio de Neurociencia Integrativa. Recibiu o EyeTrack Award, polos seus estudos con pacientes de Parkinson, o Empire Innovator Award outorgado polo Estado de Nova York, e o Premio 100 Españois.